O Poxigo 6ª Edición
Editorial
Lar de Unta empeza unha nova etapa na súa revista e na súa andaina. Logo de un ano de afortalamento dende o cambio ao novo local, agora queremos medrar en local, en actividades, en presenza en Betanzos, en soños...
A feira medieval exitosa, o inicio de actividades infantís, coa recuperación das caveiras dos melóns (samhain) e a "plastilina caseira", a consolidación dos venres culinarios, maior presencia en internet...dannos novos azos para darlle un pulo a sociedade.
Para o ano 2005, esperamos contar xa co local reformado nun entorno tamén mellorado.
Sabémonos situados nun espazo único. Ser parte da zona vella, agora revitalizada, e revitalizadoraá súa vez, de toda a Cidade, axúdanos a termos moitas ideas, proxectos e soños, pero sobre todo, moita ilusión. Ilusión por facer de Lar de Unta o espazo de encontro de este outro Betanzos, participativo e
aberto.

