Site hosted by Angelfire.com: Build your free website today!
Abrir menu

Os meus Libros.

Obra: A II República nunha vila galega. Betanzos 1931-1936
Autor: Xesús Torres Regueiro. Edicións do Castro. 2004.

Ven de ser presentado o libro do betanceiro Xesús Torres Regueiro.
O libro analiza o período republicano, sendo sen dúbida o mellor traballo que ata agora ten aparecido sobre a sociedade e a vida nos anos e nos momentos previos ao alzamento militar fascista.
A través deste libro o lector poderá comprender non só a vida cotidiá, senón o nivel de asociacionismo político, sindical e cultural dunha vila que, despois da "longa noite de pedra", non foi quen de recuperar.
Recomendamos moi especialmente este libro que non debería faltar nas bibliotecas dos lectores da nosa revista.

 

Obra: Solimán. Autor: Xesús Fraga. Editorial: Xerais.
O autor, tamén betanceiro, xa ten publicado "Tute para catro"
e "A-Z”.
Nesta ocasión ofrécenos o relato irónico e tenro das vidas na
vila de Untia de dous mozos de trinta anos que eran nenos
cando o 23 -F. Solimán enfróntase á actitude dunha persoa
que se decata de que o único que mantén viva unha amizade
son as lembranzas.

 

Realidade, soños e saudades. Autor: Manuel Oliveira Gómez. Ed: Concello de Corcubión
Neste libro retrátanse en tres partes definidas a vida como un decorrer baixo unha salitre que adoba sen rémora a súa luz, Estamos ante un autor descoñecido, que atopou as palabras cando todo parecía estar perdido, cando as pegadas do tempo e, sobre todo, as do mar foron palpables e indolentes. Un dos feitos máis salientables é a orixe deste home, mariñeiro incondicional, que unha vez seco de mar reflexa con verbas os anos embarcados ó longo do sol, a soidade indolente das ausencias cantando soños precarios ou eternos e a saudade de quen ama sen ser correspondido (a todo ).

O Poxigo Dixital ;lar de Unta.
envia-nos un correo
ir ao inicio
foro