Site hosted by Angelfire.com: Build your free website today!
Abrir menu

Homenaxe

Dende estas páxinas queremos facer unha homenaxe a tres poetas que recentemente teñen falecido, e que na nosa opinión, merecen un notorio recoñecemento dada a súa traxectoria. Estamos a falar de Luísa Villalta, Antón Tovar e Manuel María. Posiblemente todas as verbas que poidamos verquer sobre eles converteranse en sobranceiras e máis dende unha óptica íntima e propia como a que nós pretendemos subliñar.
Pretendemos, pois, mostrar en tres poemas un pequeno reflexo das súas vidas, do seu proceder , da súa obra pero sobre todo dos seus sentimentos. Esixímonos obviar calquera tipo de "curriculum vitae" dos nosos protagonistas coidando o valor polo que en realidade deben ser coñecidos. En realidade non somos quen para xulgar nada, simplemente temos na nosa intención, que tamén conta, amosar as súas verbas, a súa voz sobre as nosas costas, sobre a nosa terra, sobre a nosa vida. Queremos mostrar a tres persoas que voaban libres nun ceo limpo, tres persoas, tres mestres da palabra. Que a palabra libre que tedes demostrado vos sirva de guieiro eterno neste
novo camiño.

Que falen eles por nós.

O Poxigo Dixital ;lar de Unta.
envia-nos un correo
ir ao inicio
foro