CLUB DE FUTBOL RIALEDA-BETANZOS
UN PROXECTO VECIÑAL POR E PARA O DEPORTE
Unha vez mais, o barrio da rúa ROSALÍA DE CASTRO, de Betanzos, segue amosándose pioneiro na realización e convocatoria de todo tipo de actos e actividades, e se nun principio foron outro tipo de cuestións, como seguridade, urbanismo, ocio, recreo, confraternización; agora os veciños da mesma, dan un paso máis e fúndase un CLUB DE FUTBOL, cuxa denominación é C.F. RIALEDA-BETANZOS, tendo a súa sede na CAFETERIA BOTELLA, sita na referida rúa.
A idea, para o seu coñecemento, surxe a partir da celebración
dun partido de fútbol entre solteiros e casados da zona, co fin
de darlle un aspecto deportivo á celebración do pasado día das letras galegas - 17 de maio- xa que todos os eventos nestas datas eran de tipo cultural ou institucional, polo que se decidiu tal acontecemento, o cal se tivo que disputar nas
instalacións do mundo do fútbol que o deportivo ten en Abegondo, ao non dispor das existentes en Betanzos polos impedimentos de costume.
O Club quedou inscrito, para a tempada 2004-2005, no grupo 4º, da 3ª categoría rexional, e competirá con outros clubs,
como SAN TIRSO, CARRAL, MESÓN DO VENTO, ENCROBAS, SOBRADO, etc. e disputará os partidos oficiais no campo do
Carregal, ao non serlle autorizado xogar no GARCÍA HNOS. A pesar diso, aínda ten os días de entrenamento e partido que
andar trasladando todo o material deportivo, cos prexuízos e malestares, ademais do deterioro, que iso ocasiona.
O C.F. RIALEDA-BETANZOS, abarcará outros aspectos deportivos, que irán dende a formación ata a extensión a outras categorías, co fin de que os nenos e xoves do barrio e da comarca teñan a posibilidade de integrarse nun proxecto, que polas características axeitadas que reúne, poida dar satisfacción as necesidades dos m e s m o s , para o cal, BETANZOS, debería contar, neste aspecto, con mais campos de fútbol, o que dende esta oportunidade de pronunciarse que nos brindan, así o requirimos, polo que, dende este momento, pasámoslle a pelota aos responsábeis coa fin de que a xoguen, e de que tal solicitude se vexa prantexada e finalmente satisfeita, o que iria en beneficio de Betanzos e de todos
¡SORTE!
Sr. presidente.
David Gómez López


