O Samhaín
Tradición das terras atlánticas europeas, con talvez maior raigambre en Irlanda.
Na Galiza, encontrámola moi repartida, se ben tamén dispersa, perdéndose en moitos sitios en datas ben recentes, como é o caso significativo de Betanzos.
¿Quen de máis de 30 ou 40 anos non lembra ter feito de neno, ou visto facer, as caliveras dos melóns?.
Mostra da súa permanencia e dispersión son os diferentes nomes que ten segundo as comarcas de Galiza en que chegou ata os nosos días: Calacús (O Condado, O Morrazo, Pontevedra), Defuntos (Quiroga), Caliveras de Melón (Ferrolterra e Ortegal), Bonecas (Xermade), Aboboras (Norte de Portugal), Cabazotes, Samahín
Este ano, en Lar de Unta, como en moitos outros sitios da Galiza, fixemos por recuperar esta tradición.
Que efectivamente signifique un bo "novo ano céltico". Cando menos nós empezámolo con moita diversión.

