O espello baldeiro
Por Pablo Carlos López López
Un cuarto baldeiro, escuridade e silencio. A escuridade máis inmensa e o silencio que máis berra. O abafante calor non lle deixou conciliar o sono en varios días. Deberiamos estar xa case que en agosto. Aínda podía lembrar aquelas tardes de verán no patio, corricando, xogando ás bolas…vivindo o momento sen preocuparse do mañá. Pero dende aquel día todo cambiou. Non podía alcanzar a comprendelo que en realidade acontecera aquel frío e chuvioso outono na pequena casa da aldea. Na súa mente faltaba unha lembranza, un recordo que rompía a secuencia espacio temporal lóxica e facía que o acontecido se debuxara tenuemente cun lapis de punta fina, cun lapis roto de punta fina.
De tódalas maneiras…¿qué suceso desagradábel, fedorento, pestilente e fétido podería levar aos seus pais a encerralo daquela maneira?¿Que xogo do destino puido facer que as persoas que máis quería o pechasen nun cuarto coa única compaña dunha miserenta alfombra e dun recipiente onde lle botar comida e auga? A situación era insostíbel.
Ergueuse en medio daquela noite perpetua e, sen máis vacilacións, achegouse paseniño cara a porta. Cunha forza sobrehumana comezou a bater nela.Berrou. Coma decote, o silencio foi a resposta e a escuridade…a testemuña. Os saloucos asolagaron o cuarto…Pensou en axeonllarse nun curruncho e que nos seus beizos se pintara unha nova vida: aí ve verdes pinos que asoman rumorosos cun leve movemento das súas polas ao compás dun vento pausado e un chisco frío. De fondo, ese mar insondábel, cunhas ondas que murmuran e
aloumiñan unhas rochas xa cansas, cunha moldeabilidade envidiábel. Pero esa paisaxe vaise escapando, vaise difuminando no horizonte, como se fora debuxada cun…lapis de punta fina. Colleu folgos, deu dous pasos cara atrás. Batida. Resignación. Outra volta. Tres pasos. Batida. Frustración. Catro pasos. Batida…¡caída! Finalmente o conseguira, conseguira derrubar aquela maldita porta.
Ficou boca abaixo, coa respiración entrecortada. Pouco a pouco foi erguendo a cabeza e levantando as pálpebras. Milleiros de agullas craváronse nos seus ollos. Unha dor inmensa. Non durou un chisco con eles abertos. A luz inundouno por completo. As súas meniñas tardaron un bo anaco en adaptarse á claridade.Ergueuse. Unha indescritíbel e innomeábel imaxe debuxouse ante el. Era a máis noxenta, vomitiva, sinistra, podrecida e pegañenta imaxe que xamais vira. Cun corazón facendo intentos en balde por se saír do peito, estirou os dedos. Frío vidro pulido. Por fin entendeu aos seus pais, a razón de encerralo naquela inhumana estancia. Volveu ao cuarto. Achegouse a un curruncho. E así morreu o día, cuns verdes pinos que asomaban de novo, rumorosos, cun leve movemento das súas polas ao compás dun vento pousado e un chisco frío…
Conferencias y Congresos Fotografias Isabel Gonzalez Hoteles Spa y Balnearios Jazz Filloa London Hotels london life Matchstick Recruitment Portal inmobiliario Pisos casas Galicia SEO Marketing web Promotion Seo, Marketing promotion betanzos Hotel Internet Marketing Aparejador galicia Posicionamiento en buscadores Optimización en buscadores barcelona hotels

