Site hosted by Angelfire.com: Build your free website today!

O Grande Dicionario Castelán - Galego

¡Benvidos e benvidas á páxina do noso dicionario castelán - galego!

Nós somos Nuria e Noemy, e formamos parte dunha xuntanza de rapaces e rapazas do Colexio Cemar, de Mondariz - Balnerario (Pontevedra). Dunha tempada para acá, levámonos decatando de que a lingua xurdida na nosa rexión natal, a Galicia, está a ser contaminada por unha gran cantidade de castelanismos. E é que as xentes que a falan, ao seren na súa meirande parte bilingües, cando non saben unha palabra non se amolan en ollala nun dicionario, senón que a din mesmo como lles peta en castelán, certos de que os oíntes, bilingües tamén, lles van a entender.

Endalí, na que a nosa lingua non é mesmamente maioritaria e temos que acanicoubala das choivas doutras máis faladas, viñémonos decatar de que había que pór nas mans de todos un arma que lles permitise atopar correndiño e dun xeito barato, calquera verba difícil que se lles puidese apresentar. A tal arma é a Rede; e, nesta, xurdiu a idea deste dicionario de galego "on - line".

Desexamos presta-lo noso agradecemento ao profesor de inglés, don José Benito Freijanes, polo apoio emprestado, as súas leccións de Internet e a percura victoriosa dun lugar onde aloxar estas páxinas na rede de redes. E tamén ao noso hospedador, Angelfire, por existir; na que, grazas a entidades coma ela (e tamén grazas á publicidade, que ás veces tanto doestamos), se poden facer á humanidade bens coma este sen terlle que pagar cartos a ninguén.

 ÍNDICE

 

A

B

C

D

E

F

G

H

I

J

K

L

M

N

Ñ

O

P

Q

R

S

T

U

V

W

X

Y

Z

 

A nosa nómina

 Ás páxinas do noso coordenador