SOBRE O SOL...
(Valle-Inclán)
***
Sobre o sol e a lúa
Voa un paxariño
Que leva unha rosa
Pra Xesús meniño.
Paxariño louro,
Gaiteiriño lindo
Cántame no peito
Que o teño ferido.
Cántame no peito,
Gaiteiriño lindo,
Que con Xesús falas
No teu asubío.
Pola mañá cedo,
Lindo reiseñor,
Hai na túa cantiga
Orballo de fror.
Orballiño fresco
Nas pallas do día,
Orballiño, gracia
Da Virxe María.
***
Escolma
de poesía galega
***
>
Email: Cartas ao meu muiņo