Site hosted by Angelfire.com: Build your free website today!
O SEGREDO

Rolan os mundos no espacio,

Na eterna voráxine do infindo,

Como tolos xogando ó pelagatos.

- E non se atoparán endexamáis-

díxome Deus certa noite.

(Orballaba. O vento, maino,

targuíame con mística dozura

suxestións confidentes).

- Detráis do Sol vai a Terra,

detráis da terra vai a Lúa,

detráis da Lúa os pantasmas

das sombras que sodes vós.

O segredo, ¿ti non sabes?, é a forza

Que mantén o equilibrio sideral,

A vida das cousas e a vida dos homes.

- E logo, si é un segredo,

¿Por qué pecamos?

E Deus díxome:

- Non pecados

por iñorar o segredo,

que non fora tal estonces

e nada sería o mundo

sin esa forza vital, inesgotable.

Pecades porque non queredes buscalo.

Eu si estou a salvo non é

Porque seña Deus.

Tamén eu iñoro o segredo...

Son Deus porque a cotío

O busco, e non repouso...

Rolan os mundos polo espacio,

Na eterna voráxine do infindo,

Sostidos nos entibos do arcano.

Roberto Blanco Torres (1891-1936)
Homaxe día das Letras Galegas 1999