Site hosted by Angelfire.com: Build your free website today!
RUADA (Victoriano Taibo)
***
Os mozos van de ruada
Por un vieiro de sol;
Mozos levaime convosco
O meu corazón
Envellecín, son saudade,
Serena recordazón
É un desexo aluarado
O meu corazón
Pé de raiosa fenestra,
onde o meu peito abrochóu
foi a copla un latexo
do meu corazón.
Ao agarimo da lembranza,
No berce dunha canción,
Deixade alí para sempre
O meu corazón.
***
Escolma de poesía galega
***
 
> Email: Cartas ao meu muiņo