Site hosted by Angelfire.com: Build your free website today!
MARISMA
(Zapata García)
***
Bigarros e volutas, estrombos, caracolas,
Deixaron as mareas, cantando barcarolas,
Pra que os meniños pescos menores nos seus cantos
As grorias de Galiza: apóstolos e santos,
Mestrales e labregos, poetas e peixeiros,
I esgrevios homes sabios, de pobos pecoreiros;
Emperadores e nautas, domeando o Vello Mundo,
Nun refacer constante, intrépido e fecundo,
Deixando un herdo inmenso: oureos ronseis de groria
Que aluman, resprandecentes, as páxinas da Historia.
¡Que seu cantar fraterno, na Nosa Santa Terra,
a Pas do mundo acrame no Facho de Fisterra!...
***
 Escolma de poesía galega
***
Email: Cartas ao meu muiņo