CANTIGA
(Alvaro Cunqueiro)
***
A dama que ía no branco cabalo
Levaba un pano de seda bordado,
Na verde fror
As letras van de amor!
O cabaleiro de cabalo negro
Levaba unha fita colléndolle o pelo.
Na verde fror
As letras van de amor!
No meio do río cambiaron as vistas,
Il para o pano i ela para a fita.
Na verde fror
As letras van de amor!
As vistas lles viron no río cambiar
I o pano i a fita por se namorar.
Na verde fror
As letras van de amor:
Con amor vivirás!
***
Escolma
de poesía galega
Email: Cartas ao meu muiņo