Site hosted by Angelfire.com: Build your free website today!

 

O galego xa é oficial na Veiga do Valcarce

No pleno do concello, celebrado o 24 de febreiro, aprobáronse, por unanimidade dos sete concelleiros, as cinco mocións presentada polos independentes de Renovación do Valcarce a prol de dar un recoñecemento oficial ao galego.

No debate das mesmas criticouse duramente o informe do secretario do Concello, lido no pleno anterior, e deuse lectura a un informe lingüístico elaborado por Francisco Fernández Rei, e a outro xurídico elaborado por Henrique Costas, Marga Paraxó e mailo bufete Varela/Costa/Búa.

As mocións aprobadas son as seguintes:

1. Recoñecemento da lingua galega como lingua propia e co-oficial, xunto ao castelán, de este concello.
Este acordo debe ser comunicado á Junta de Castilla y León co único obxeto que o recorra ante o Tribunal Superior de Xustiza, si considera que non se axusta á legalidade e/o inicie o desenrolo lexislativo necesario para dar cobertura legal á realidade lingüística de esta parte do territorio que administra.
2. Recoñecemento da lingua galega como patrimonio cultural de este concello.
3. Solicitar ao
Instituto de Estudios Bercianos a elaboración de un nomenclátor en galego das localidades que compoñen o concello, recuperando os seus nomes históricos e usuais.
4. Promover, de un xeito progresivo, a rotulación bilingüe no concello.
5. Promover,de un xeito progresivo, a utilización de documentación bilingüe na administración municipal.