SI, SI
Todo comezou nunha reunión cuns amigos na noite de San Xoan. Acercóuseme Alberte Muíño e empezou a falarme de que quería montar un grupo de chandalmetal e que andaban á busca dun batería para formar un quinteto. Apunteime para probar, a pesares de levar nove anos sen toca-la batería, pero estaba ilusionado con poder volver a meterme no mundiño da música.
Transcorreron tres meses, e en setembro reunímonos Alberte, Dani, Fidy, Marcos e mais eu. O primeiro lugar de ensaio foi a Casa da Xuventude no "Garaxe de Maruxa", coma lle chamamos nós.
Ó principio custounos un pouco facer a nosa primeira canción, pero tras dous meses, saíu. Chamábase Rabia Social aínda que ata atoparlle o nome chamouse A Primeira. Despois desta, sacamos dúas máis: Torrente na Cidade e Orgasmo do Medo.
Polo mes de Nadal trasladámonos a un local que habilitaron na feira do gando e que serve de local de ensaio a todos os grupos locais de Betanzos que o desexen.
O Concerto
O 28 de febreiro, debido ó peche da Adega do Pino, organizouse un concerto de cinco grupos locais coma despedida. Debido á marcha de Marcos, ocupou o seu lugar Manolo, o baixista de Diablues.
Foi o noso estreno na palestra coma grupo e baixo o nome de Dani Becker y El Maletín de la Droga, posteriormente decidimos cambia-lo nome a SI, SI. A actuación consistiu nunha introducción, os temas mencionados anteriormente e un funky improvisado. Tamén fixemos unha versión de Rosendo (Masculino Singular) que o titulamos Maite, la lavadora intelixente. Aínda é hoxe que nos recordan os nosos
amigos sobre este tema, xa que fabricamos unha lavadora de cartón para a ocasión que ocupa un lugar privilexiado no local de ensaio.
O Presente e o Futuro
Xa contamos con cinco temas máis que están en fase de perfeccionamento. Tamén estamos tentando tocar un tema suave dedicado en exclusiva ás mulleres. Pretendemos ademais facer unhas cantas versións en inglés.
En cada ensaio vemos que imos a máis, sen presa pero sen pausa. A meta do grupo é que tras compoñer máis cancións propias e algunhas versións, gravar unha maqueta e facer máis concertos para sentir a calor do público e facelo que nos gusta.
Novembro 2.004
Crhistopher O´Connor, batería de Sí, Sí.

