![]() |
|||
|
A
S O R I X E S: E U I T A R U G B Y C L U B Antonio Pedregal e Pablo Pedregal foron respectivamente presidente e tesoureiro do Euita RC dende a súa fundación ata o ano 1994 ano no que finalizaron os seus estudios en Lugo. Os comezos non foron doados, xa que se precisaban instalacións material e sobre todo xogadores, pero con máis gañas que medios o proxecto foise afianzando, e no ano 1988 o Euita Rugby Club afiliouse á Federación Galega de Rugby e comenzou a súa participación nas competicións organizadas por dita federación. Nestes nada sinxelos comezos o Euita incluso chegou a disputar os seus partidos como local na vila de As-Pontes ante a falta dun campo axeitado. Despois foron varios polos que pasou o Euita RC: Estrada de Oviedo, Nadela, As Gándaras e finalmente dende o ano 1999 o Euita RC xoga os seus partidos no Estadio G. Pérez Rivera. O longo destes 18 anos de historia o Euita RC competíu baixo diferentes denominacións: Euita RC, Campus Lugo Rugby e CDU Lugo. Na tempada 2003-4 o clube inicia un novo proxecto baixo o un novo nome pero co espíritu de sempre: Muralla Rugby Club.
P
O L O S C A M P O S D E G A L I C I A . . . Esta evolución supuxo que na temporada 98-99 o Campus Lugo Euita RC realizará a súa máis brillante campaña que o levou ó triunfo final na Liga Galega de Rugby baixo a dirección de Víctor González e Trostky, disputando os play-offs de ascenso a Liga Nacional fronte a Belenos RC de Avilés e caendo derrotado tras unha igualdada eliminatoria a partido doble. Esa temporada tamén marcou un punto de inflexión na traxectoria do clube xa que supuxo a marcha de importantes xogadores con moitos anos no Euita nas súas costas. Tamén nesa temporada o Euita RC creou o Torneo do San Cidre, un torneo que tén como obxectivo iniciar á comunidade universitaria no rugby e así poder achegar novos xogadores ó equipo. O torneo, xa case unha tradición, celébrase cada ano durante as festas do San Cidre da Escola Politécnica Superior. Así pois na temporada seguinte iniciouse unha nova etapa cun plantel de xogadores moi renovado e co aporte de novos membro acadados co Torneo do San Cidre. Dende esa temporada ata a 2001-2002 o equipo estivo entrenado por José M. González 'Chis' que logrou manter o equipo entre os primeiros postos da Primeira División da Liga Galega de Rugby. Coa chegada da temporada 2002-3 chegaron moitos trocos o Euita RC, o máis importante deles o acordo coa USC para pasar a ser a sección de rugby do Clube Deportivo da Universidade de Santiago de Compostela. Nesta nova etapa tamén chegou o clube Antonio Vázquez, novo entrenador do equipo senior masculino con experiencia como xogador na División de Honor con Oviedo RC e formado no Xabarín RC.
M U R
A L L A R C L U G O A tempada 2002-3 supón unha crise no Euita RC co descenso por primeira vez na súa historia á Segunda Division galega e a retirada das axudas da USC ó clube. Sen o respaldo económico da USC a temporada 2003-4 supón un novo reto para o Euita que con vistas a acadar un maior apoio institucional e calado na sociedade lucense e tamén movidos pola necesidade de atopar un sponsor para afronta-los numerosos gastos que supón o funcionamento dun clube de rugby, decidese que os equipos do Euita pasen a competir baixo a denominación de Muralla RC. Este proxecto parte cunha xestión máis seria e a ilusíon de converter o Muralla RC de novo nun dos equipos punteiros de Galicia. Estos problemas de financiación do equipo supoñen a retirada das competicións oficiais dos equipos Feminino e Xuvenil Masculino durante a tempada 2003-4 con vistas a súa volta as competicións da FGR na vindeira tempada.
O
E Q U I P O X U V E N I L
A
T R A D I C I Ó N N O E U I T A R C / M U R
A L L A R C Tamén nos honramos dos nosos Tours nos que aparte de enfrontarnos a equipos doutros paises temos a oportunidade de coñecer outras xentes e outras culturas. A lista dos Tours do Euita inclúe Gales, Irlanda, a Bretaña francesa, Córcega, Italia, Portugal e clubes como a UTAD, LLangollen RFC, SC Le Rheu, REC Rennes,...
|
|
||
![]() |
|||
|
© 2003 Muralla RC Lugo / Deseñada + Mantida por Vili Roca |
w w w . M u r a l l a R u g b y . c o m |
||