I. Os 18 Concellos da Terra
Navia-Eo comparten lingua e identidade cultural
coa Galicia administrativa. II.
Reclamamos del Goberno del Principado de
Asturias, a inmediata posta en marcha dunha
campaña de sensibilización e dignificación del
uso da lingua galega nos concellos del occidente,
semellante ás que se tein feito prá
dignificación del uso da lingua asturiana.
III.
Igualmente reclamamos das autoridades del
Principado que teñan presente a realidade
sociolingüística del extremo occidental á hora
de programaren publicaciois, dotaciois
bibliotecarias, actividades culturales en xeral e
axudas á investigación a persoas ou colectivos,
con vistas á plena normalización da lingua
galega nos concellos da zona.
IV.
Reclamamos del MEC a inmediata dotación de
profesorado para introducir, a partir del curso
1991-1992, a lingua galega nos diferentes niveles
educativos nos centros da zona.
V.
Igualmente reclamamos del MEC que nos deseños
curriculares del ensino non universitario se
teña presente a realidade lingüística,
sociocultural e xeográfica dos concellos máis
occidentales de Asturias.
VI.
Reclamamos dos poderes públicos a adopción de
medidas técnicas que garantan a plena cobertura
da RTVG e da RTVE-G, con cadansúa
corresponsalía na comarca.
VII.
Reclamamos dos organismos dependentes da
administración central del Estado e da
administración del Principado a fixación e a
plena restauración da toponimia da comarca na
súa forma tradicional.
VIII.
Xa que a lingua del estremo occidental de
Asturias é un patrimonio común a tódolos
galego falantes, instamos á Real Academia
Galega, al Instituto da Lingua Galega e a outras
instituciois e colectivos que se ocupan de
codificaren el galego, que teñan en conta os
trazos idiomáticos destas falas, especialmente
léxicos, porque, debido al seu xeral conservadurismo
lingüístico, manteinse nestes concellos formas
autenticamente galegas, mesmo ás veces
inexistentes no chamado "galego del
interior".
IX. Reclamamos da Xunta de
Galicia e da Xunta del Principado que favorezan
toda clase de intercambio cultural (exposiciois,
representaciois teatrales, grupos musicales,
etc.) entre as comarcas del occidente de Asturias
e de Galicia.
MANIFESTO DAS COMUNIDADES DE
LINGUA E CULTURA GALEGAS DA TERRA NAVIA-EO, O
BIERZO e AS PORTELAS, 1989
I. As comarcas máis
occidentais de Asturias, León e Zamora posúen
non só unha lingua común á de Galicia
administrativa, senón tamén un patrimonio
cultural común, como se pode apreciar -entre
outros aspectos- na antropoloxía, na
arqueoloxía e no dereito consuetudinario. A
todos compete que esta identidade cultural sexa
respetada e preservada.
II.
Esiximos da Xunta de Galicia a estricta e
inmediata efectividade das previsións do
art.21.2 da Lei de Normalización Lingüística,
relativo á protección da lingua galega falada
en territorios limítrofes coa Comunidade
Autónoma, na actualidade totalmente indefensos e
sometidos ó perigo de transculturización.
III.
Esiximos das autoridades das Comunidades
Autónomas de Asturias e Castela-León o pleno
respeto da identidade lingüística e cultural
das comarcas occidentais de fala e idiosincrasia
galegas, á vez que demandamos que se tomen as
medidas necesarias que garantan o exercicio dos
dereitos emanados dese patrimonio lingüístico e
cultural.
IV.
Reclamamos que nas convocatorias dos organismos
da Xunta de Galicia, en especial das
Consellerías de Educación e de Cultura
(concursos escolares, prensa escolar, proxectos
de investigación...) se declare expresamente que
poden acollerse ás mesmas os centros de ensino,
os colectivos socioculturais e as persoas das
citadas zonas.
V.
Reivindicamos que no distrito universitario
único de Galicia teñan idénticos dereitos de
acceso os estudiantes que proceden dos concellos
de lingua e cultura galegas do occidente de
Asturias, León e Zamora que os procedentes
da Galicia administrativa. O mesmo demandamos
para o ensino básico e non universitario.
VI.
Reclamamos da Xunta de Galicia que reforme os
programas de ensino básico e medio para incluír
neles a realidade xeográfica, lingüística e
socio-cultural das citadas zonas da Galicia non
administrativa.
VII.
Reclamamos dos poderes públicos a adopción das
medidas necesarias que garantan a plena cobertura
da RTVG e da RTVE-G en toda a franxa estremeira
con Galicia. Igualmente pedimos que ámbolos
Entes Públicos de radiotelevisión establezan
unha rede de corresponsalías en todas estas
comarcas.
VIII.
Esiximos das diferentes administracións
públicas o total respeto pola auténtica
toponimia galega destas zonas.
IX. Finalmente, queremos
deixar claro que a normalización lingüística
do occidente de Asturias, León e Zamora ten que
vehiculizarse no actual galego común, sen
prexuízo de que nunha primeira fase,
especialmente no ensino, poida aplicarse unha
subnorma lingüística que acolla algunhas
peculiaridades propias, inexistentes no galego
común.
|